sábado, 5 de noviembre de 2011


NOVAS XERACIÓNS DE ORDES NO INICIO DE CAMPAÑA.




Ordes, 4 de Novembro do 2011: Este venres 4 de Novembro foi o inicio de campaña do 20-N, como non, empezou coa tradicional posta de carteis e Novas Xeracións de Ordes como era de esperar estaba alí para apoiar e axudar o Partido Popular.

Quedan dúas semanas por diante onde ó remate (20 de Novembro) terá un resultado, Mariano Rajoy PRESIDENTE. Por dous motivos esenciais, España precisa un CAMBIO, España quere un CAMBIO.

Por iso dende aquí queremos mostrar o noso compromiso a un partido comprometido, traballador, responsable, idealista e que non só ofrece resultados senon que o máis importante é que os dá, así foi demostrado sempre cando estivo no poder.

Por último só nos queda pedir a todos, que apostemos polo cambio que tanto precisamos e que o 20-N vaiamos votar o PP.

No hay comentarios:

Publicar un comentario