martes, 12 de abril de 2011

Martínez Sanjurjo levará como número 2 na lista do PP de Ordes ao farmacéutico Pedro Carrasco




·        O candidato popular á Alcaldía de Ordes presentará a totalidade da lista nos vindeiros días


Ordes, 11 de abril de 2011.- O Partido Popular de Ordes designou ao farmacéutico Pedro Carrasco del Río como número 2 da candidatura encabezada por José Luis Martínez Sanjurjo e coa que agarda recuperar a Alcaldía deste municipio nos comicios do vindeiro 22 de maio. 

Pedro Carrasco, farmacéutico de 50 anos, coñecido e apreciado na vila e nas parroquias de Ordes e ata o de agora descoñocido na politica local,  iniciou a súa andadura dentro do PP de Ordes como membro da Xestora Local.

Foi o propio Martínez Sanjurjo o que propuxo a Pedro Carrasco como número 2 da súa lista pola súa preocupación constante polos problemas dos veciños do Concello, o seu traballo dentro da organización local do Partido e, e súa capacidade para forxar consensos e xerar adhesións.

Carrasco del Río desenvolve ou seu traballo dentro da comisión interna de industria, economía e emprego; e colabora na estratexia de visibilización emprendida a raíz da designación de Martínez Sanjurjo como alcaldable popular.

O resto da candidatura popular ao Concello de Ordes será presentada publicamente en datas próximas.

domingo, 10 de abril de 2011

O candidato do PP comprométese a incluír nos contratos municipais ás empresas e traballadores de Ordes, a diferenza do actual alcalde que os excluíu.




·         Participou na presentación de Novas Xeracións de Ordes, onde insistiu en que o emprego será a súa principal prioridade

·         Martínez Sanjurjo ve nos mozos de NN.XX. “a mellor canteira para demostrar que este Concello ten futuro”

·         O novo presidente local de NN.XX. sinala que “Regos é sinónimo de paro, porque o desemprego medrou un 40% en Ordes durante o mandato do actual alcalde”


Ordes, 9 de abril de 2011.- O candidato do Partido Popular á Alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, reiterou hoxe, no acto de presentación do equipo renovado de Novas Xeracións da localidade, que a creación de emprego será a súa principal prioridade e, por iso, desde o Goberno municipal fará o posible para que o Concello facilite a instalación de grandes empresas na localidade coa condición de que creen postos de traballo para os veciños.

Na mesma liña, comprometeuse a que “nunca máis serán excluídas  dos contratos municipais as empresas e os traballadores de Ordes”, ao contrario do que aconteceu durante a lexislatura que agora remata.

Martínez Sanjurjo efectuou este anuncio no acto de presentación das Novas Xeracións de Ordes, da que forman parte mozos que, a xuízo do alcaldable popular, “son a mellor canteira e demostran que este Concello ten futuro e entre todos seremos capaces de imprimirlle o cambio de rumbo que precisa”.

Ordes ten futuro

Pola súa banda, o presidente de Novas Xeracións de Ordes, Marcos Ferreiro Penas, animou a todos os seus compañeiros a mobilizarse e explicar ao conxunto dos veciños que “Ordes ten futuro e o futuro chámase José Luis Martínez Sanjurjo, o próximo alcalde do Partido Popular deste municipio, porque ten ideas, ten equipo, ten capacidade de traballo e rebosa honestidade, a diferenza do que acontece co actual rexedor”.

“Regos, sinónimo de paro”

Ferreiro afirmou que, en Ordes, “Regos é sinónimo de paro, porque o desemprego medrou un 40% durante os catros anos de mandato que agora conclúe o actual alcalde”. O presidente de Novas Xeracións de Ordes recordou que en marzo de 2007, o Concello de Ordes sumaba 676 parados, cifra que case se duplica catro anos despois, en marzo de 2011, no que o servizo público de emprego ten rexistrados 1.136 parados, dos cales 103 contan con menos de 25 anos.

Pola súa banda, o presidente de Novas Xeracións de Galicia, Javier Dorado, animou aos seus compañeiros de Ordes a traballar con intensidade para conseguir que o 22 de maio saia das urnas un alcalde do PP neste concello. “José Luis –afirmou Dorado referíndose ao candidato do PP de Ordes- reúne as condicións idóneas para situar a Ordes no futuro: é un mozo do seu tempo, moi preparado e con gañas de facer cousas diferentes para situar a Ordes no século XXI”

A directiva de Novas Xeracións de Ordes estará presidida por Marcos Ferreiro Penas; con José Antonio Liste Cores como vicepresidente; Aitor Noya Martínez como secretario xeral; e Rocío Vázquez Sueiro como tesoureira.

Completan a directiva outros oito mozos e mozas que ocuparán cadansúa vicesecretaría sectorial: Natalia Martínez Iglesias (Liberdade e Igualdade); Miguel Suárez Raña (Agricultura e Medio Rural); Daniel García Souto (Cultura e Deporte); Eva María Caamaño Lata (Comunicación e Voluntariado); Verónica Martínez Iglesias (Medio Ambiente e Reciclaxe); Luis Miguel Gómez Rial (Acción Política e Política Territorial); Moisés Pérez Vázquez (Ocio e Xuventude) e Leticia Aldao Santos (Afiliación).