domingo, 27 de febrero de 2011

Novas Xeracións de Ordes organiza a I Festa da Xuventude Ordes 2011


Serán os pinchos e a 1ª consumición a cargo da Organización.

Hay que solicitar os tickets á organización.

Esperamosvos a todos!!!!!!!!


Saúdos,

Novas Xeracións PP Ordes

Martínez Sanjurjo comprométese a implantar un comedor social en Ordes



A presidenta de Cáritas Ordes entre José Luis Martínez Sanjurjo, Pilar Farjas e Diego Calvo.
O 'cocido solidario' recada mil euros doados integramente para Cáritas Ordes

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, comprometeuse hoxe a implantar un comedor social na nosa localidade promovido polo Concello. Sanjurjo efectuou o anuncio esta tarde, no trancurso dun cocido solidario organizado por Cáritas e polo Partido Popular local, e que contou coa asistencia da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e do delegado da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña e secretario provincial do PP, Diego Calvo.
Martínez Sanjurjo amosouse convencido de que “en Ordes temos capacidade, imaxinación e recursos para facer moito máis para axudar aos que peor o están pasando”.

Ao remate do acto, Martínez Sanjujo entregou á presidenta de Cáritas de Ordes o importe recadado nesta actividade solidaria, 1.000 euros, que a responsable da ONG agradeceu en nome propio e no de toda a organización.

A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, candidato do PP á alcaldía de Ordes
“Máis que nun acto político, estamos nunha celebración solidaria de apoio a Cáritas, unha organización da que destacou o esforzo que está a desenvolver neste momento de crise para axudar aos máis desfavorecidos"
 
"Axudando a Cáritas axudámonos a todos

martes, 22 de febrero de 2011

O PP de Ordes propón unha felicitación unánime á "Eurovisiva" Lucía Pérez




A intérprete de O Incio (Lugo) recordan os populares que comezou a súa carreira no Festival da Canción de Ordes

Lamentan que o Goberno local eliminase o Festival , que serviou de trampolín a numerosos artistas


O grupo municipal do Partido Popular proporá, no Pleno de mañá, un acordo unánime para que a corporación local remita unha felicitación institucional á artista Lucía Pérez, recentemente seleccionada para representar a España no Festival de Eurovisión. Como a propia intérprete recoñece sempre que ten ocasión, a carreira da primera galega que participará en Eurovisión iniciouse no Festival da Canción de Ordes.


Co gallo deste éxito da intérprete galega, os populares ordenses tamén quieron recordaron que a chegada do cuadripartito que goberna en Ordes "marcou o declive e, finalmente, a desaparición do Festival da Canción, que non só serviu de trampolín para numerosos intérpretes galegos, senón que tamén actuaba como elemento de promoción exterior do municipio, especialmente a través da TVG, que retransmitía o evento". O actual Goberno, insisten, "rematou con esas retransmisións e introduciu unha serie de cambios que acabaron facendo desaparecer definitivamente o certame dous anos atrás".



Obras paralizadas
Tamén mañá o grupo municipal popular preguntará ao equipo de Goberno, entre outros asuntos, polas razóns que explican a paralización das obras da rolda Leste. O Partido Popular atribúe a paralización das obras ás débedas que o Concello mantén coa empresa construtora. Segundo as mesmas fontes que cita o PP, os traballos non se reanudarán mentres o Concello non salde parte das débedas pendentes.


A xuízo dos populares, "a situación de bancarrota na que está inmerso o Concello de Ordes tamén explica, por exemplo, que non se arranxe un aparello expendedor de tickets da ORA, ou un semáforo na zona escola do Paraiso,avariados desde hai varias semanas, pero que non se reparan por falta de fondos nas arcas municipais".

sábado, 19 de febrero de 2011

I COCIDO SOLIDARIO ORDES 2011

Cáritas e o PP de Ordes organizan un cocido solidario a próxima semana.


·        Celebraráse o próximo sábado no recinto feiral do Mesón do Vento. 
·        A actividade enmárcase na aposta do candidato do PP por facer unha política baseada en valores e próxima ás necesidades das persoas.