domingo, 27 de noviembre de 2011

INTERNET
      Domingo, 27 de Novembro de 2011. Ordes a día de hoxe non dá entrado na rede de redes (Internet). Neste concello non todo o mundo pode acceder a este servizo que nos tempos que corren e un ben necesario, os peor parados: As Parroquias.

No século XXI con internet pódese pedir cita para o médico, pódese pedir a ¨compra¨online, pode ser unha gran axuda o sector rural, necesario para os estudantes, e é unha opción de lecer fascinante.

A un estudante os “deberes” xa non llo piden en man, senón por internet (están empezando a maioría dos colexios a facelo así) e na universidade practicamente xa é un hábito. A parte, a información e moito máis cómoda de obter e moitísimo máis abundante no ciberespazo. Aínda que haxa cibercafes, un Ordense das parroquias máis apartadas da vila que son tamén os que teñen unha escaseza absoluta deste sevizo, teríanse que se desprazar con uns gastos maiores dos que lle suporían telo na súa casa.

Polos nosos cálculos un habitante das parroquias das aforas gastaría arredor duns 60-65€/Mes entre o desprazamento e o pago do servizo por horas na vila, contando que tivera a necesidade de tres veces a semana. As compañías telefónicas ofrecen ADSL entre 35 e 40€/Mes onde aparte dan gratuitamente as chamadas que fagas dende o fixo a outros teléfonos nacionais estando por suposto dispoñible todo o día e todos os días .

¿Como se pode solucionar isto?, o Concello ten que preguntar polas parroquias facendo unha pequena enquisa quen estaría disposto a contratar este servizo, ofrecéndolle así á compañía telefónica un número de clientes seguros e entón poñería os equipos necesarios sen ningún coste, só ca promesa de que se van a dar eses clientes de alta sen eles arriscarse a poñer unhas instalacións tan caras e se atopen ca sorpresa de que ningún veciño o contrate.

Outra solución , poñendo zonas wifis que son moi fáciles de instalar.

Sabemos que Barbeiros poderá gozar dunha zona wifi en breve, pero queremos que outros sitios de Ordes tamén a teñan.

En vez de coller o touro polos cornos cal é a resposta do goberno de UXO: ¨recolle firmas¨, e unha vez entregadas no Concello non se lle fan caso.
Para rematar só dicir que con Regos moitas zonas de Ordes non coñecerán o futuro da @. 

viernes, 18 de noviembre de 2011

UXO apaga as farolas de noite e prendeas de día
Farola situada en Av. Alfonso Senra

Ordes, 18 de Novembro de 2011. Como mostramos na foto, hoxe as 12:30 da mañan o alumeado público que recorre Merelle e a Av. Alfonso Senra estaba aceso, eso sí, non todas as farolas algunhas estaban apagadas por culpa dos recortes. O problema é que non entendemos porque fan estos recortes se despois están funcionando ata o mediodía, tamén comentar que esto non é a primeira vez que pasa e como é propio deles, non será a derradeira. Se UXO aplica estas medidas como de aforro, agora chegamos a explicarnos o séu entendemento distorsionado de gasto e despilfarro.

domingo, 13 de noviembre de 2011



O Abandono das rúas

Ordes, 13 de Novembro de 2011. O descuido das rúas da nosa vila por parte do goberno de UXO supera o abandono. ¿Qué provoca o non mantemento da iluminación pública?, pois o que lles mostramos a continuación.O


Farola N550 altura de Merelle




Hai moitas farolas no Concello que están rotas e pasa tempo e tempo e non se arranxan. Nós dende aquí preguntamoslle o Goberno se acaso non é máis barato arranxalo a ter que sustituir pezas, sen deixar de repetir  que dá moi mala imaxe.
Denunciamos unha xestión nefasta, irresponsable. Non se pode consentir que se despilfarre os cartos do Concello dunha maneira absurda e ilóxica cando se pode solucinar con revisións e gastando moito menos diñeiro.
Agora ben, plantexamos unha una pregunta , ¿canto tempo vai estar a farola así?.
UXO desentendese por completo do alumeado de Ordes




Ordes, 08 de Novembro de 2011.De todas as crises que ten o concello dende Novas Xeracións de Ordes queremos destacar os problemas que hai coa iluminación das rúas. Sendo estes os motivos:

  1. A mala xestión do goberno actual no mantenemento das farolas.
         As tulipas das farolas están sucias (increíblemente sucias), provocando un
    disminuamento considerable da luminosidade, é dicir, pagamos luz que non vemos.

         Farolas rotas que non fan servizo e as que están así e medio funcionan están
    a piques de deixar de de ser funcionais e esteticamente deixan moito que de-
    sexar.
    Arandeis soltos que dan a sensación de que as farolas non están suxeitas.

      Cableado solto.

     Como foi comentado anteriormente isto todo provoca unha imaxe nefasta nas rúas, ¿por que se deben tantas facturas a Unión Fenosa se a maior partes das farolas están estropeadas e as que non estan así desaproveitan luminosidade ata de un 25% debido a porquería que teñen encima?, Non nos imaxinamos a debeda que habría neste momento se funcionasen todas. A todo isto a resposta que da o goberno de UXO é ¨estamos niso”.
    E a nosas preguntas son ¿están niso?,se están niso ¿Por qué non hai solucións?, se están niso ¿Por qué tardan tanto?. Conclusión ¨non están niso¨.
  2. A cantidade de recortes que se están facendo. Un exemplo:
    Fai unhas semanas nas rúas de Ordes como República Argentina, Rúa nova, Os Lagartos e Rosalía de Castro, o alumeado apagaouse tres días consecutivos. O problema desta situación e a peligrosidade das rúas afectando a seguridade víal, sendo moito máis difícil que un coche vexa a un transeúnte cando cruza a rúa e moito máis fácil ser atacado por ladróns e xente con malas intencións.
    Por iso esiximos e denunciamos que o alumeado non se apague ou non se apague por completo xa que pagamos impostos para non pasen estas cousas e todo estea correcto.  





sábado, 5 de noviembre de 2011


NOVAS XERACIÓNS DE ORDES NO INICIO DE CAMPAÑA.




Ordes, 4 de Novembro do 2011: Este venres 4 de Novembro foi o inicio de campaña do 20-N, como non, empezou coa tradicional posta de carteis e Novas Xeracións de Ordes como era de esperar estaba alí para apoiar e axudar o Partido Popular.

Quedan dúas semanas por diante onde ó remate (20 de Novembro) terá un resultado, Mariano Rajoy PRESIDENTE. Por dous motivos esenciais, España precisa un CAMBIO, España quere un CAMBIO.

Por iso dende aquí queremos mostrar o noso compromiso a un partido comprometido, traballador, responsable, idealista e que non só ofrece resultados senon que o máis importante é que os dá, así foi demostrado sempre cando estivo no poder.

Por último só nos queda pedir a todos, que apostemos polo cambio que tanto precisamos e que o 20-N vaiamos votar o PP.