domingo, 27 de noviembre de 2011

INTERNET
      Domingo, 27 de Novembro de 2011. Ordes a día de hoxe non dá entrado na rede de redes (Internet). Neste concello non todo o mundo pode acceder a este servizo que nos tempos que corren e un ben necesario, os peor parados: As Parroquias.

No século XXI con internet pódese pedir cita para o médico, pódese pedir a ¨compra¨online, pode ser unha gran axuda o sector rural, necesario para os estudantes, e é unha opción de lecer fascinante.

A un estudante os “deberes” xa non llo piden en man, senón por internet (están empezando a maioría dos colexios a facelo así) e na universidade practicamente xa é un hábito. A parte, a información e moito máis cómoda de obter e moitísimo máis abundante no ciberespazo. Aínda que haxa cibercafes, un Ordense das parroquias máis apartadas da vila que son tamén os que teñen unha escaseza absoluta deste sevizo, teríanse que se desprazar con uns gastos maiores dos que lle suporían telo na súa casa.

Polos nosos cálculos un habitante das parroquias das aforas gastaría arredor duns 60-65€/Mes entre o desprazamento e o pago do servizo por horas na vila, contando que tivera a necesidade de tres veces a semana. As compañías telefónicas ofrecen ADSL entre 35 e 40€/Mes onde aparte dan gratuitamente as chamadas que fagas dende o fixo a outros teléfonos nacionais estando por suposto dispoñible todo o día e todos os días .

¿Como se pode solucionar isto?, o Concello ten que preguntar polas parroquias facendo unha pequena enquisa quen estaría disposto a contratar este servizo, ofrecéndolle así á compañía telefónica un número de clientes seguros e entón poñería os equipos necesarios sen ningún coste, só ca promesa de que se van a dar eses clientes de alta sen eles arriscarse a poñer unhas instalacións tan caras e se atopen ca sorpresa de que ningún veciño o contrate.

Outra solución , poñendo zonas wifis que son moi fáciles de instalar.

Sabemos que Barbeiros poderá gozar dunha zona wifi en breve, pero queremos que outros sitios de Ordes tamén a teñan.

En vez de coller o touro polos cornos cal é a resposta do goberno de UXO: ¨recolle firmas¨, e unha vez entregadas no Concello non se lle fan caso.
Para rematar só dicir que con Regos moitas zonas de Ordes non coñecerán o futuro da @. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario